Crutzen, Paul

Crutzen, Paul

Químico. Entre 1983 e 1985 dirixiu o Instituto de Química Max-Planck, entre 1987 e 1991 foi profesor na Universidade de Chicago e dende 1993, profesor honorario da Universidade de Maguncia. En 1995 compartiu o Premio Nobel de Química con M. J. Molina e F. S. Rowland polos seus traballos en química atmosférica, especialmente na formación e descomposición do ozono.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Amsterdam