Cruz Ruiz, Juan
Xornalista, escritor e editor. Estudiou xornalismo e historia na Universidad de la Laguna e comezou a escribir na prensa aos trece anos no semanario Aire Libre. Membro do equipo fundacional de El País, foi o seu primeiro correspondente en Londres, xefe de Opinión e redactor xefe de Cultura. Así mesmo, coordinou proxectos do Grupo Prisa para 1992, o Proyecto Leonardo e a serie Europa América, publicada por El País Semanal e dirixida por John H. Elliot. Ademais, foi director da editorial Alfaguara, director de coordinación editorial do Grupo Prisa e director de comunicación do Grupo Santillana. Da súa produción destacan, entre outras obras: Edad de la memoria, Naranja, Retrato de humo, Cuchillo de arena, En la azotea, Serena, Exceso de equipaje, El peso de la fama, Una historia pendiente e Contra la sinceridad. Como novelista foi Premio Azorín con El sueño de Oslo (1988), Premio Benito Pérez Armas de novela 1972 con Crónica de nada hecha pedazos (1996) e Premio Canarias 2000 de Literatura.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Puerto de la Cruz, Tenerife