Cryptopleura
Cryptopleura
[PROTISTA]
Xénero de algas da familia das deleseriáceas, caracterizadas por ter talos con veas ou nervaduras moi patentes. Destaca a especie C. ramosa, de ata 15 cm de lonxitude e de cor avermellada ou apardazada, que vive fixa ao substrato por medio dun disco basal en fendas de rochas ou sobre outras algas do xénero Laminaria nos niveis mesolitoral inferior e infralitoral.