Crystal Palace
Crystal Palace
Edificio construído por sir Joseph Paxton (1801-1865) no Hyde Park de Londres para a Exposición Universal de 1851. Realizado en ferro e cristal, foi o primeiro construído con elementos prefabricados que podían ser instalados sobre o terreo. Trala exposición trasladouse a Sydenham Hill onde permaneceu ata 1936, data na que sufriu un incendio que o destruíu.