Cu
Cu
Río de Asia Central, en Kazakhstán, cunha lonxitude de 1.030 km. De réxime nival, nace nas montañas Džumgoltau e flúe en dirección L, cara á conca do lago Issyk, onde toma a dirección SL-NO. Desaparece preto do lago Akžajkyn.