Cuadernos de Bioética

Cuadernos de Bioética

Publicación editada en Santiago de Compostela polo Grupo de Investigación de Bioética que apareceu entre xaneiro e marzo de 1990. Subtitulada “Revista de cuestiones de actualidad”, estaba dirixida por Francisco J. León Correa e incluía artigos de investigación médica. No equipo de redacción figuraban Ana Mª Tourís e Mario A. Caballero, amais doutros profesionais do sector que colaboraban con artigos puntuais.