Cuadernos de Galicia
Publicación que comezou a súa andaina a partir de 1961 en Vigo, pertencente á Editorial Ibérica, e que cesou arredor de 1975. Dirixida e coordinada por Víctor M. de las Heras, contaba coa colaboración de Álvaro Cunqueiro, C. Emilio Ferreiro, Faustino Rey Romero, Xosé María Castroviejo, Manuel de la Fuente, Luis Moure, Gumersindo Díaz, Pedro Esgueva e Victoriano Taibo, entre outros. Á parte de poesía, incluíu numerosos artigos relacionados coa pesca e co mar, coa cidade e co porto pesqueiro de Vigo, a industria e os estaleiros, a agricultura, o solo industrial, as centrais nucleares e o plan de accesos a Galicia. Tamén son significativos os apartados dedicados a Pontevedra, O Grove, Baiona, A Guarda e outras localidades galegas. Publicáronse amais algunhas entrevistas e artigos sobre distintos empresarios e políticos como Xoaquín García Picher, Camilo Veiga e Miguel Méndez. Destacan os textos “Del Orense Desconocido”, de Vicente Risco; “Allariz”, de Conde Corbal; e “Los tres tiempos del puerto”, de R. Otero Pedrayo.