cuadratura

cuadratura

(< lat quadratūra)

  1. s f

    Acción de cadrar unha figura.

    1. s f [MAT]

      Operación que consiste en localizar un cadrado de área igual á área dunha superficie dada.

    2. cuadratura do círculo [MAT]

      Operación que consiste en localizar, mediante métodos xeométricos, un cadrado de área igual á dun círculo dado. Isto, que constituíu un célebre problema clásico, resolveuse modernamente gracias, esencialmente, á obra de Galois, dado que se demostrou que este problema non ten solución, ante a imposibilidade de construír con regra e compás un segmento de lonxitude π a partir dun segmento unidade. A cuadratura do círculo só é posible co uso de curvas transcendentes especiais chamadas cuadratrices.

  2. s f [ASTRON]

    Situación relativa de dous astros do sistema solar, que presentan lonxitudes astronómicas que difiren en 90°. Cando un planeta, ou a Lúa, está en cuadratura co Sol pasa polo meridiano local ás seis da mañá ou da tarde. No primeiro caso dise que o planeta está en cuadratura occidental e no segundo caso, en cuadratura oriental. Unicamente os planetas superiores poden presentarse en cuadratura co Sol.

  3. s f [FÍS]

    Cada unha das dúas magnitudes periódicas de igual período que presentan unha diferencia de fase entre elas dun cuarto de período, ou sexa, π/2 radiáns.

Frases feitas

  • Cuadratura do círculo. Cousa de imposible solución.