cuadrático -ca

cuadrático -ca

(< lat quadrātu ‘cadrado’)

  1. adx [MAT]

    De segundo grao.

  2. converxencia cuadrática [MAT]

    Converxencia de variables aleatorias que teñen momento de segunda orde finita (varianza finita: E(|x 2 |)<+?) e que se caracteriza pola distancia en media cuadrática d(x, y)=+? --—-E(|x ----y| 2 ); é dicir, que (x n ) converxe en media cuadrática a x se d(x n , x) tende a cero cando n tende ao infinito. Esta converxencia implica a converxencia en probabilidade, pero non totalmente segura.

  3. ecuación cuadrática [MAT]

    Ecuación de segundo grao ax 2 +bx+c=0, ou, en forma reducida, x 2 +px+q=0. Unha ecuación cuadrática pura é a da forma ax 2 +b = 0. En ax 2 + bx + c = 0, a fórmula da solución é
    GRAFICO
    a cantidade b 2 -4ac chámase discriminante.

  4. forma cuadrática [MAT]

    Polinomio homoxéneo de segundo grao, ou sexa
    GRAFICO
    se os valores do polinomio son sempre positivos dise que a fórmula é definida positiva e no caso dunha posible anulación para certos valores das variables, semidefinida positiva.

Palabras veciñas

cuadrante | Cuadrante | Cuadrante, pazo de | cuadrático -ca | cuadratín | cuadratriz | cuadratura