cuádrico -ca
cuádrico -ca
(< cuadr- + -ico)
Aplícase á superficie alxébrica de segundo grao na que as coordenadas (x, y, z) dos puntos satisfán unha ecuación do tipo
GRAFICO
Escrita en notación matricial, é
GRAFICO
As superficies cuádricas clasifícanse de acordo cos valores dos diferentes parámetros. En coordenadas cartesianas, e referidas aos seus eixes de simetría, as ecuacións das superficies cuádricas máis notables son: (x2/a2)+(y2/b2)+(z2/c2)=1, para o elipsoide real; (x2/a2)+(y2/b2)-(z2/c2)=-1, para o hiperboloide de dúas follas; (x2/a2)+(y2/b2)-(z2/c2)=1, para o hiper-boloide dunha folla; e (x2/a)+(y2/b)-z=0, para o paraboloide.