cuantificador -ra

cuantificador -ra

(

  1. adx

    Que expresa cantidade.

  2. s m [MAT]

    Calquera dos símbolos que, na escritura formal, preceden ás funcións proposicionais. Os máis coñecidos son: "x, que é o cuantificador universal e significa ‘para todo x’, e $x, que é o cuantificador existencial e significa ‘existe x’. Deste xeito, unha frase como “existe un home que é odiado por todos os homes” poderíase formalizar por $x/"y (x é odiado por y).

  3. s m [LING]

    Clase dos presentadores do substantivo que o presentan e o determinan, e delimitan, ao mesmo tempo, a súa extensión cuantitativa. Distínguense dous tipos de cuantificadores: os definidos, que indican unha cuantificación exacta e precisa (cinco, nove, etc) e supoñen unha manifestación subxectiva da realidade cuantitativa obxectiva; e os indefinidos, que expresan unha cuantificación apreciativa (algún, moito, abondo, etc) relativa á subxectividade do falante quen, ao manifestar esa cantidade, intenta obxectivar a súa visión subxectiva.

Palabras veciñas

cuantificable | cuantificación | cuantificado -da | cuantificador -ra | cuantificar | cuantil | cuantioso -sa