Cuartel General
Cuartel General
Publicación en castelán dedicada ao coleccionismo, editada pola empresa Vettera Octo SA na Coruña e que saíu por vez primeira en xaneiro de 1995. Dirixida por Armando Fernández-Xesta, colaboran nela Julio Ponte, Juan José Vázquez, José Ramón Couceiro e Alejandro Mesa, entre outros. Entre outras, divídese nas seccións: “Despachos”, “El Patio del Cuartel”, “Cartografía”, “Campeonatos”, “De uniforme”, “Clubs”, “Entrevista”, “Táctica y Organización”, “Armamentos”, “Fuerzas de élite”, “Historia” e “Zafarrancho”. Inclúe información sobre xogos, coleccionables e soldados de chumbo relacionados coa historia militar. Trátase da primeira revista especializada do sector que se publicou en España.