cuarto -ta

cuarto -ta

(< lat quartu)

    1. adx

      Que ocupa o lugar número catro nunha serie.

    2. cuarta feira

      1 corta.

    3. cuarto estado [HIST]

      Proletariado na época da Revolución Francesa. Os tres primeiros estados estaban constituídos polo clero, a nobreza e a burguesía.

    1. adx e s m

      Que corresponde a cada unha das partes dunha cantidade ou dun todo divididos en catro porcións iguais (indícase frecuentemente co símbolo matemático da fracción 1/4).

      Ex: Comeron a cuarta parte do pastel. Sempre compra un cuarto quilo de carne.

    2. s m

      Serie ou duración de quince minutos, cuarta parte dunha hora.

    3. s m [HIST/DER]

      Imposición equivalente á cuarta parte dunha venda ou produto.

    4. cuarta canónica

      Cuarta parte da renda dun beneficio que hai que darlle ao bispo ou á súa mesa episcopal despois da morte do beneficiado ou da renuncia do beneficio mentres este estaba vacante.

  1. s m

    Cada unha das dependencias da casa, normalmente sen incluír a cociña. OBS: Se non vai acompañado dunha especificación que indique a súa finalidade, como cuarto de baño, cuarto de aseo, cuarto de estar, etc, só fai referencia ao dormitorio.

  2. s m

    Cada unha das catro partes en que se considera dividido o corpo dun animal, especialmente dun cuadrúpede ou dunha ave, ao seccionalo polo seu plano de simetría lonxitudinal e pola súa metade transversal.

  3. [ASTRON]
    1. s m

      Cada unha das fases da Lúa.

    2. cuarto crecente

      Lúa crecente cando está na cuadratura oriental, é dicir, cando presenta a metade do disco iluminado e vai aumentando de tamaño. OBS: Tamén se denomina crecente.

    3. cuarto minguante

      Lúa minguante cando está na cuadratura occidental, é dicir, cando presenta a metade do disco iluminado e esta vai diminuíndo. OBS: Tamén se denomina minguante.

  4. s m [DER]

    Capelanía parroquial agregada a unha coenxía para aumentar o seu produto ou a súa renda.

  5. s m [POLÍT]

    Subdivisión administrativa dalgunhas parroquias andorranas que se considera a máis elemental e probablemente tamén a máis antiga institución de convivencia política e económica do Principado.

  6. s m [METROL]

    Unidade de capacidade propia dos países anglosaxóns, igual a 1/4 do galón. No Reino Unido equivale a 1,1365 l e en EE UU a 0,9463 l.

  7. s m [GRÁF]

    Cada unha das partes iguais que se obteñen ao dobrar un prego para formar un impreso de oito páxinas, dobrando dúas veces cada prego. Constitúe a unidade básica do libro. A medida dun libro en cuarto oscila entre os vinte e cinco e os trinta e cinco centímetros de largo.

  8. s m [NUMIS]

    Moeda castelá de cobre, orixinariamente de billón, que tiña un valor de 4 marabedís.

  9. s m [BÉL]

    Cada unha das partes nas que se divide unha garda, de maneira que dos catro cuartos que a compoñen un é a sentinela, outro, chamado cuarto vixiante, é o que está preparado para calquera aviso e os outros dous descansan.

  10. cuarta dimensión [MAT/FÍS]

    Nome dado á coordenada tempo, no espazo de Minkowski e na teoría da relatividade.

  11. cuarta doenza [PAT]

    Febre eruptiva do neno con características similares ao xarampón, á escarlatina ou á rubéola.

  12. cuarta parede [ESPECT]

    Convención teatral que implica a existencia dunha parede ficticia que pecha supostamente o cubo da escena, no marco do denominado escenario á italiana, formado por unha parede de fondo e dúas paredes laterais. O lado descuberto coincide coa embocadura ou arco do proscenio. Este modelo de escenario remóntase a 1580, ao teatro construído para o duque Vespasiano Gonzaga de Mantua, en Sabbioneta. Impón unha separación infranqueable entre os actores e o público, de xeito que os actores representan a peza sen ter en conta o público que os está observando, como se vivisen unha escena da vida real. Vincúlase, en particular, ao teatro naturalista, de diferentes autores, como André Antoine ou Émile Zola.

  13. cuarta proporcional [MAT]
    1. Dados tres números a, b e c, número x que cumpre a/b=c/x.

    2. Dados tres segmentos de lonxitudes a, b e c, segmento de lonxitude x tal que x sexa a cuarta proporcional de a, b e c.

  14. cuarto bocel [ARQUIT]

    Moldura convexa que ten por sección un cuarto de círculo.

  15. cuarto de bandeiras [BÉL]

    Lugar dos cuarteis destinado á custodia e garda das bandeiras.

  16. cuarto de conversión [BÉL]

    Xiro dun cuarto de círculo que se obriga facer a unha tropa.