cuartodecimano -na
cuartodecimano -na
(
adx e s
[RELIX]
Aplícase ao cristián que seguía o costume xudeu de celebrar a Pascua dunha maneira fixa o catorce de Nisán e non o domingo seguinte, de acordo co uso cristián universal. San Policarpo de Esmirna defendeu este uso en Roma perante o Papa Aniceto (154-165). Posteriormente os cuartodecimanos convertéronse en comunidade separada, que permaneceu activa ata o s V.