cuaternario -ria
cuaternario -ria
(< lat quaternarĭu)
-
adx
Relativo ou pertencente ao Cuaternario.
-
adx
Que consta de catro unidades ou elementos.
-
adx
[MAT]
Que ten un sistema de numeración de base catro.
-
amonio cuaternario
[QUÍM]
amonio cuaternario.
-
carbono cuaternario
[QUÍM]
Átomo de carbono, nunha estrutura complexa, que está unido a catro radicais carbonados mediante cadanseu enlace covalente.
-
eixe cuaternario
[XEOL]
Eixe de simetría de rotación no que a superposición dos elementos simétricos, ao xirar ao seu redor, consegue catro veces unha volta completa.