Cuaternario
Cuaternario
s
m
[ESTRATIG]
Derradeiro sistema ou período da escala cronestratigráfica ou xeocronolóxica, por enriba do Terciario. Ambos forman a era ou eratema chamada Cenozoico. Caracterízase pola aparición do home e pola alternancia de tempos fríos (glaciacións) e de tempos de clima máis quente. Iniciouse hai uns dous millóns de anos. Adoita dividirse en Plistoceno e Holoceno.