cuba

cuba

(

  1. s f

    Recipiente de gran capacidade feito en madeira, normalmente de castiñeiro, e complementado con arcos de folla de lata. A madeira trabállase en forma de táboas curvadas, coñecidas como doelas, previamente amolecidas en auga ou sometidas á calor dunha pequena fogueira, que se van facendo con patróns. No seu interior trázase un risco que pasa polo medio de cada unha delas para que coincidan ao facer a armazón. A golpes de martelo arquéanse e remáchanse os aros, antano de flexible madeira de bidueiro para logo pasar a latón, que van suxeitar o perímetro. Érguese o recipiente e as cabezas desiguais das doelas córtanse, de seguido fáiselles unha rañura ou rebaixe para axustar a tampa circular de madeira que pecha o recipiente. Finalmente, a parte central do interior do recipiente sométese a un remexer de brasas, volteándoo para que adopte a súa característica forma.

  2. s f

    Líquido que cabe neste recipiente.

Frases feitas

  • Coma unha cuba. Completamente borracho.