cúbico -ca
cúbico -ca
(< lat cubĭcus < grκυβικός)
-
adx
Relativo ou pertencente ao cubo.
-
adx
Que ten forma de cubo ou é semellante a el.
Ex: Un recipiente cúbico. Unha peza cúbica.
-
adx
De terceiro grao.
Ex: Ecuación cúbica.
-
adx
De índice 3.
Ex: Raíz cúbica.
-
sistema cúbico
[FÍS]
Sistema cristalino formado por cinco clases cristalinas que teñen en común o feito de posuír catro eixes ternarios equidistantes os uns dos outros e que orixinan tres eixes binarios perpendiculares entre eles e equidistantes dos anteriores, cos que forman ángulos de 54°44’. O poliedro fundamental é o cubo. As arestas son os eixes cristalográficos do sistema que se interseccionan perpendicularmente α=β=γ=90°. Tamén recibe o nome de sistema regular.