1 cubo
(
-
s
m
Torre de forma cilíndrica que presentan algunhas fortalezas.
-
s
m
Adorno de forma cúbica, característico dos teitos casetonados.
-
s
m
Peza na que se enrosca a corda dalgúns reloxos.
-
s
m
Peza central dalgunhas rodas de vehículos nas que encaixan os raios.
-
s
m
Depósito vertical do muíño onde se almacena a auga que vén do río a través da canle. Pode adoptar forma de funil, troncocónica ou cilíndrica. A fondura vai dos 4 aos 10 metros e constrúese normalmente con sólidos muros. Cando a forma é cilíndrica ou troncocónica está feito con aneis de granito postos uns enriba dos outros e cunha certa altura. Remata cunha peza especial de madeira ou granito cun burato que se pecha e abre dende o exterior facilitando a saída da auga coa potencia necesaria para facer xirar o rodicio. Na entrada da auga, ao cubo pónselle unha especie de reixa que impide o paso de elementos que poidan atoar e impedir o seu funcionamento. Esta parte do muíño dá lugar ao chamado “muíño de cubo”, característico de lugares que non están preto do río e que teñen que aproveitar a auga dos regatos.