2 cubo

2 cubo

(

  1. s m [MAT]

    Poliedro regular formado por seis caras cadradas. As tres arestas concorrentes en cada vértice son perpendiculares entre elas; como consecuencia, o triedro formado polas tres arestas é un triángulo, os diedros definidos por dúas caras cunha aresta común son rectos e as caras opostas son paralelas. As catro diagonais do cubo córtanse nun punto, o centro do cubo, que é tamén o centro de simetría desta figura. Se a lonxitude da aresta do cubo é a, o volume do cubo vale a 3 e a súa diagonal ten unha lonxitude de a?3.

  2. s m [MAT]

    Terceira potencia dun número.

  3. s m

    Peza de forma cúbica realizada en formigón que se emprega para soportar a carga dun piar.

Palabras veciñas

cubital | cúbito | 1 cubo | 2 cubo | cuboide | cubomedusa | cubooctaedro