cubrir

cubrir

(< lat cooperīre)

  1. v t

    Poñer ou estar algo por riba ou diante dalgunha persoa ou cousa para protexela ou ocultala.

    Ex: Cobre a cara coas mans porque lle dá vergoña. Cubriron a casa cun tellado a catro augas. Cubriron o moble cunha saba para non manchalo. As nubes cubriron o sol e escureceu o día.

    Sinónimos: tapar.
  2. v t

    Estenderse ou ocupar completamente algo unha superficie.

    Ex: A neve cubriu o cume de Manzaneda. As queimaduras cubríanlle unha gran parte do corpo.

  3. v t

    Encher os ocos dalgún escrito ou documento cos datos que se piden.

    Ex: Cubriu a matrícula co lapis que lle indicaron.

  4. v t
    1. Igualar os ingresos aos gastos.

      Ex: As entradas que venderon non cubriron os gastos. Os presupostos cubriron o custe da obra.

    2. Pagar ou satisfacer unha débeda, un gasto ou unha necesidade, fundamentalmente de tipo ecónomico.

      Ex: O seguro só lle cobre os danos contra terceiros. Cubriu a débeda que tiña co banco.

  5. v t

    Compensar algo do que se carece.

    Ex: Hai que cubrir a falta de vitamina C con laranxas. O estado non cobre as necesidades básicas do individuo. Como non teñen xente non cobren os servicios mínimos.

  6. v t

    Colocarse o animal macho sobre a femia para copular.

    Ex: A porca non deixou que a cubrise o porco.

    Sinónimos: montar.
  7. v t

    Defender ou protexer mediante tropas ou obstáculos naturais unha posición, unha praza, un barco, un flanco ou unha retaguarda.

    Ex: A cabalería cubriu a retirada.

  8. v t

    Chegar un emisor a todos os receptores dunha área determinada.

  9. v t

    Informar os medios de comunicación ou alguén sobre un determinado asunto.

  10. v t

    Alcanzar o nivel da auga na que se introduce algo ou alguén unha altura determinada.

    Ex: Naquela zona a auga cubríao ata os xeonllos. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento, adquire valor absoluto e significa ‘cubrir por completo’. Ex: Pódeste bañar con confianza que nesta beira a auga non cobre.

  11. v t

    Ocupar alguén un posto de traballo ou un cargo.

  12. v t

    Percorrer unha distancia.

    Ex: Cubriu todos os quilómetros da proba en dúas horas.

  13. v t [DEP]

    Controlar os movementos dun xogador adversario (en deportes de oposición con balón e por equipos) dentro dunha área determinada do terreo de xogo, co obxectivo de interceptar os pases dirixidos a el ou que non poida recepcionalos en condicións que supoñan ocasións claras de obter puntos ao seu favor.

    Sinónimos: marcar.
  14. v t [ECON]

    Subscribir por enteiro unha emisión de títulos de débeda pública ou dun valor comercial.

  15. v t

    Facer que alguén teña unha gran cantidade de algo que se expresa. OBS: Constrúese coa preposición de.

    Ex: Conforme chegou cubriuna de bicos. Despois da actuación todos a cubriron de gloria.

  16. v i

    Compensar algo os gastos que orixina.

    Ex: Cerrou o comercio porque non lle cubría.

  17. v pron

    Quedar algo tapado por unha cousa.

    Ex: O chan cubriuse de follas pola chegada do outono. O ceo cubriuse de nubes e tivemos que marchar da praia.

  18. v pron

    Tapar alguén o seu o corpo ou parte del con roupa.

    Ex: Cubriuse despois de que o recoñecese o médico. Cúbrete cun saco pola cabeza que chove moito.

  19. v pron

    Colocarse nun lugar seguro que protexa dun ataque ou agresión.

    Ex: Cubríronse detrás das pedras para evitar o inimigo.

  20. v pron [BÉL]

    Aliñarse os soldados en ringleira, á distancia estipulada dende o peito ás costas sobre a perpendicular á liña da fronte.

  21. v pron
    1. Pórse o sombreiro ou outra peza na cabeza.

    2. [HIST]

      Tomar, oficialmente, un grande de España a posesión da súa grandeza mediante a cobertura diante do rei.

  22. v pron

    Ter unha gran cantidade de algo que se expresa. OBS: Constrúese coa preposición de.

    Ex: Cubriuse de gloria despois de lle salvar a vida á vella.

Palabras veciñas

cubrexuntas | cubricar | cubrición | cubrir | cuca | cucado -da | cucaña
Conxugar
VERBO cubrir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubro
cobres
cobre
cubrimos
cubrides
cobren
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubría
cubrías
cubría
cubriamos
cubriades
cubrían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrín
cubriches
cubriu
cubrimos
cubristes
cubriron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrira
cubriras
cubrira
cubriramos
cubrirades
cubriran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrirei
cubrirás
cubrirá
cubriremos
cubriredes
cubrirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubriría
cubrirías
cubriría
cubririamos
cubririades
cubrirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubra
cubras
cubra
cubramos
cubrades
cubran
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrise
cubrises
cubrise
cubrisemos
cubrisedes
cubrisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrir
cubrires
cubrir
cubrirmos
cubrirdes
cubriren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cubre
-
-
cubride
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cubrir
cubrires
cubrir
cubrirmos
cubrirdes
cubriren
Xerundio cubrindo
Participio cuberto
cuberta
cubertos
cubertas