cubrición

cubrición

(< cubrir)

  1. s f

    Acción e efecto de cubrir unha cousa con algo.

    Ex: A cubrición do patín levoulles dous días.

    Sinónimos: cobertura.
  2. s f

    Tellado dunha construción.

    Ex: Para a cubrición da casa empregaron tella do país.

    Sinónimos: cuberta.
  3. s f

    Pedra que pecha a parte superior do oco dunha porta ou dunha ventá.

    Sinónimos: lintel, lumieira.
  4. s f

    Acción de cubrir o animal macho á femia.

    Sinónimos: cuberta, monta.

Palabras veciñas

cubrepratos | cubrexuntas | cubricar | cubrición | cubrir | cuca | cucado -da