cobertura

cobertura

(

  1. s f

    Acción e efecto de cubrir ou de cubrirse.

    Ex: As obras de cobertura da igrexa durarán varios meses.

    Sinónimos: cubrición.
  2. s f
    1. Cousa empregada para cubrir algo.

      Ex: Os invernadoiros dispoñen dunha cobertura transparente para que pase a luz ó interior.

      Sinónimos: cuberta.
    2. Capa ou baño, xeralmente de xarope ou chocolate, co que se cobre un pastel.

  3. s f
    1. Alcance territorial dun determinado servizo ou medio de comunicación. Ex: Traballei un ano nun canal de cobertura local. O meu teléfono non ten cobertura no estranxeiro.

      Ex: Traballei un ano nun canal de cobertura local. O meu teléfono non ten cobertura no estranxeiro.

    2. Conxunto de prestacións que recolle o contrato dun seguro ou outro servicio. Ex: O seguro do meu coche non ten cobertura en caso de roubo.

      Ex: O seguro do meu coche non ten cobertura en caso de roubo.

  4. [ECON]
    1. s f

      Metálico, divisas ou outros valores que serven como garantía para a emisión de billetes de banco ou outras operacións financeiras ou mercantís.

    2. cobertura de risco

      Relación entre o valor do que cobre o seguro e o valor da mercadoría ou operación da que é obxecto.

  5. s f [COMUN]

    Acción de cubrir os xornalistas ou os medios de comunicación un acontecemento.

  6. s f [BÉL]

    Conxunto de disposicións tácticas e estratéxicas, dotadas dunha certa capacidade de resistencia, adoptadas en tempo de paz para garantir a inviolabilidade das fronteiras aéreas, terrestres e marítimas dun país ou dunha zona concreta. A finais da Segunda Guerra Mundial, os estados protexíanse por redes de fortificacións permanentes do tipo Maginot e por frontes de cobertura, para os que aproveitaban os obstáculos naturais dispoñibles.

  7. s f [HIST]

    Privilexio, concedido aos grandes de España, de permanecer coa cabeza cuberta diante do rei durante as cerimonias relixiosas.

  8. cobertura de vendas [COMUN]

    Relación que se establece entre o número de posibles clientes dun mercado e o número de visitas realizadas por un vendedor.