Cobián
Cobián
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe asturiana natural de Colunga que emprega tamén a forma Covián. Pasou a Galicia e asentouse en Pontevedra e Padrón. As súas armas levan escudo cortado: a primeira partición, en campo de ouro, cun monllo de ortigas de sinople; a segunda partición, en campo de sinople, cun castelo de ouro, cachotería de sable e, na súa entrada, un cabaleiro armado de prata, superado dun escudiño con nove puntos equipolados, cinco de ouro e catro de sable; bordo de goles, coa lenda en letras de sable: “Quien quiso quitar el oro a las armas de Cobián, pague las costas porque non se las perdonarán”.