cuberta
(
-
s
f
Aquilo que se coloca sobre unha cousa para tapala ou resgardala.
-
[CONSTR]
-
s
f
Estrutura que, colocada sobre un edificio, o protexe das inclemencias do tempo, especialmente da chuvia e da neve. Para iso ten superficies pendentes por onde a auga ou a neve escorregan cara ao exterior do edificio. A pendente é máis pronunciada nos lugares onde a acumulación de neve podería representar un exceso de peso, e pode ser máis suave cando se prevé, unicamente, a eliminación da auga. Os materiais empregados teñen que ser impermeables e moi resistentes aos axentes atmosféricos para que conserven, co paso do tempo, as súas propiedades. A situación do edificio, xunto coas razóns económicas, condicionaron o emprego dun determinado material ou doutro. As técnicas modernas abarataron o custe de fabricación e o transporte de grandes cantidades de materiais, e uniformaron este tipo de produtos. Dende un punto de vista histórico, os primeiros materiais empregados foron peles de animais, herbas e palla, mentres que os troncos e as pólas das árbores cravados no chan serviron de elementos de soporte. Neste tipo de construcións rudimentarias, as cubertas non se diferenciaban das paredes da habitación. A conveniencia de aumentar o espacio interior protexido da intemperie e a de mellorar a resistencia mecánica e a duración das construcións, modificaron a construción das cubertas. Dende entón, as cubertas non comezan dende o chan, senón que descansan sobre as paredes do recinto que fai de vivenda, e o espazo que se quere cubrir subdivídese con trabes ou troncos que descansan uns enriba doutros para formar un artesoado que lles serve de soporte ás pezas que separan o ambiente interior da atmosfera exterior. Os materiais empregados para formar esta barreira protectora foron, ademais das pólas e da palla, pezas de terra cocida, laxes de pedra, capas de barro endurecido, ladrillo, lousa e madeira protexida para evitar a súa putrefacción. A estes materiais tradicionais engadíronse outros produtos de elaboración técnica máis complicada e cunha maior eficacia ante os axentes atmosféricos: pranchas de fibrocemento, de cinc ou de ferro galvanizado, os obtidos con materiais plásticos (cloruro de polivinilo, poliéster reforzado con fibra de vidro), os de aluminio, teas de cartón revestidas con brea, as teas asfálticas (con soporte de fibra vexetal, fibra de vidro ou de polietileno) e as de caucho ou neopreno. O chumbo, malia o seu elevado custo, emprégase pola súa longa duración e pola facilidade que ten para adquirir formas variadas. A forma da cuberta adáptase ao sistema de edificación e á variedade de materiais dispoñibles para construíla.
-
cuberta a unha auga
Estrutura de protección que ten unha soa vertente e que se apoia no muro de maior altura.
-
cuberta a dúas augas
Estrutura de protección que presenta dúas pendentes.
-
cuberta a catro augas
Estrutura de protección que presenta catro vertentes.
-
cuberta colgante
Teito que está sostido por cables.
-
cuberta de pavillón
Estrutura de protección que presenta os catro lados inclinados unidos no vértice e cun hastial na base de cada un deles. Foi moi habitual na arquitectura románica.
-
cuberta de tercios
Trabes horizontais que lle proporcionan rixidez á armadura da cuberta.
-
cuberta en dente de serra
Estrutura de protección asimétrica formada por pequenas cubertas de sección triangular, paralelas entre si, e que ten o faldrón máis curto.
-
cuberta en mansarda
Estrutura de protección que ten dobre pendente en dous dos seus lados, coa inferior de maior inclinación. Fíxoa popular o arquitecto francés François Mansart.
-
cuberta imperial
Estrutura de protección que ten o faldrón curvo e situado entre o beiril e a liña de quebranto.
-
s
f
-
s
f
[GRÁF]
Folla de papel ou cartón, lámina de coiro, tea ou doutros materiais cos que se cobre o lombo e os costados dun libro. Os antecedentes das cubertas actuais son as cubertas dos códices antigos e medievais, que eran de tres tipos: as de simple pergamiño ou coiro, as de madeira cuberta de coiro e as luxosas de madeira cubertas de metais finos. Estas substituíronse co tempo polas de papel ou cartolina (rústica) e cartón recuberto de papel (cartoné), a miúdo plastificado, as de cartón-tea (tea) e as plásticas (símil de pel), e algunhas de coiro repuxado ou traballado de diversas formas. OBS: Normalmente, emprégase en plural.
-
s
f
Parte externa do pneumático que cobre a cámara. Consta da carcasa, formada por fíos de algodón, raión, nailon ou aceiro, e dunha capa de caucho que a envolve, delgada nas paredes laterais e grosa na banda de rodamento ou na parte que está en contacto coa terra. No interior dos bordos que encaixan coa lamia leva un círculo de arame groso que lle dá rixidez. Actualmente, a carcasa non está formada por tecidos, senón por fíos paralelos unidos por caucho e dispostos en capas. As carcasas de arame de aceiro aumentan a estabilidade do vehículo e a vida do pneumático, aínda que endurecen a dirección. A banda de rodamento está constituída por caucho natural ou sintético e presenta rañuras que aumentan a adherencia. O debuxo consta, polo xeral, de sucos lonxitudinais para protexer dos esvaróns laterais e de sucos transversais que melloran a tracción. Cando o interior das cubertas está forrado dunha capa de goma branda pódese eliminar a cámara; este tipo de pneumáticos reciben o nome de pneumáticos sen cámara.
-
[MAR]
-
s
f
Cada unha das plataformas que se estenden horizontalmente ao longo de toda, ou de case toda, a eslora e a manga dun barco. Modernamente, elabóranse en metal en case todas as embarcacións, en madeira (nas embarcacións deportivas) ou ben en metal e forradas de madeira ou aglomerados (especialmente nos barcos de pasaxe). En xeral, chámaselle cuberta principal á máis resistente; superior, á máis alta; e de bost a aquela na que se sitúan os botes salvavidas. Tamén poden designarse como primeira cuberta, segunda, terceira, etc, de abaixo para arriba.
-
cuberta de arqueo
Cuberta que o regulamento define como o límite superior dos espacios que necesariamente se teñen que comprimir nun arco.
-
s
f
-
s
f
Pel que se coloca entre o xugo e a mulida para que o primeiro non roce no animal, ou a que se pon enriba do xugo para protexelo da chuvia. OBS: Normalmente, emprégase en plural.
-
s
f
Acto de cubrir un animal macho á femia.
Sinónimos: cubrición, monta. -
s
f
[ALIM]
Consistencia densa e pigmentación escura que presenta o viño.
Ex: O viño deste ano ten moita cuberta.
-
s
f
[BÉL]
Protección natural ou artificial que resgarda un obxectivo militar (tropa, obra, posición defensiva, arma, etc) da vista ou do fogo do inimigo.