cubeta

cubeta

(< cuba)

  1. s f

    Recipiente semellante a un caldeiro, normalmente de menor tamaño e con mango ou asa, con varias utilidades.

    Ex: A cubeta de chicar a auga da dorna era de madeira. 

  2. s f

    Recipiente, xeralmente rectangular e pouco profundo, de distintos materiais (plástico, vidro ou porcelana) que se emprega nos laboratorios para conter líquidos con distintas finalidades.

    Ex: Caeulle a cubeta de revelado e verteu o líquido polo chan do laboratorio. 

  3. s f [FÍS]

    Recipiente pequeno, cheo de mercurio, onde vai introducido o extremo inferior aberto do tubo dun barómetro.

  4. [XEOL]
    1. s f

      Depresión no terreo sen saída ao exterior.

    2. cubeta cárstica

      Depresión producida por procesos de disolución en rochas cársticas.

    3. cubeta estructural

      Depresión producida por un efecto tectónico de afundimento, por fallas ou pola interferencia de dous dobramentos sinclinais.

    4. cubeta glacial

      Depresión producida por sobreescavación glacial.

    5. cubeta sedimentaria

      cunca sedimentaria.