Cuchi, Enzo

Cuchi, Enzo

Pintor e escultor italiano. De formación autodidacta, a súa obra caracterizouse por un marcado primitivismo de tipo animista e pola utilización dos grandes formatos. As súas composicións son estáticas, cun tipo de narración interrompida. Foi un dos principais representantes da transvangarda italiana. Realizou diversas exposicións en Europa, EE UU e Xapón.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Morro d’Alba, Ancona