Cucher, Sammy
Fotógrafo. Conseguiu o título MFA no San Francisco Art Institute, onde coñeceu a Anthony Aziz. A partir de 1990 comezaron a colaborar en proxectos conxuntos, onde mesturan a escultura e a creación fotográfica, con especial interese no corpo humano. Individualmente participaron nas mostras organizadas no New Lanton Arts de San Francisco (1992), na XLVI Bienal de Venecia (1995), na galería Yvonamor Palix de París (1996), no Museo Alejandro Otero de Caracas (2000) e na Henry Urbach Gallery de Nova York (2001). Colectivamente tomaron parte na mostra Frissen Facsarva, na Budapest Gallery, en 1991, na Domestic Trappings. The Living Room, de San Francisco en 1992, na The Final Frontier, celebrado no The New Museum of Contemporary Art de Nova York en 1993, na VI e VII Fotobienal de Vigo, organizadas nos anos 1994 e 1996, respectivamente, e na Biennale de Lyon no ano 2000.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Caracas