Cu-cut!

Cu-cut!

Semanario satírico en lingua catalá editado en Barcelona dende o 2 de xaneiro de 1902 ata o 25 de abril de 1912, próximo á Lliga Regionalista de Catalunya. Dirixida por Manuel Folch i Torres, contou coa colaboración dos debuxantes Cayetano Cornet, Junceda, Opisso, Bagaría e Feliu Elías. Trátase dunha publicación contraria ao centralismo do goberno do Estado e ao ideario de Lerroux. A aparición dunha caricatura crítica co exército provocou a súa suspensión entre novembro de 1905 e abril de 1906.