Cuevas, Dores de las
Pintora. Licenciada en Belas Artes pola Universidad de Bilbao (1982) e graduada en talla en madeira pola Escuela La Palma de Artes Plásticas de Madrid (1977). Foi profesora de debuxo e directora da Escola de Artes Plásticas e Deseño Ramón Falcón de Lugo (1983). A súa obra caracterízase polo emprego dunha variada gama cromática; cultivou as paisaxes e o retrato, e acusou a influencia de David Hockney. Entre as súas obras destacan Nenúfares (1999), Pedrito en 1998 (1998) ou Manu en 1996 (1996). Realizou traballos de restauración no Museo Nacional de Iconos de Torrejón de Ardoz (1976). Realizou exposicións nas principais cidades galegas e españolas, entre as que destaca Narracións da paisaxe (2000). No ano 1999 realizou o cartel para o XII Congreso ordinario da Asociación de Fiscais. Recibiu, entre outros, o primeiro premio de pintura Erausketa (Bizkaia, 1981).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lugo