Cuevas del Almanzora

Cuevas del Almanzora

Municipio da provincia de Almería, Andalucía, na desembocadura do río Almanzora (9.625 h [1996]). O termo municipal esténdese entre as serras de Almagro, ao NO, e de Almagrera, ao SL. A principal actividade económica é a agricultura, tanto de regadío (cereais e patacas) como de secaño (oliveiras). Ao NL da vila está o castro de Fuente Álamo, acrópole da cultura argárica datada entre o 2000 a C e o 1300 a C. Ademais, preto da desembocadura do Almanzora, localizáronse os xacementos prerromanos de Almizaraque e Villaricos. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o castelo do marqués de Los Vélez (s XVI) e a igrexa neoclásica.