Cuiabá

Cuiabá

Capital do estado de Mato Grosso, Brasil, na marxe esquerda do río Cuiabá, afluente do Paraguai (433.355 h [1996]). Antigo núcleo mineiro (ouro e diamantes), é o centro político, administrativo e comercial dunha rexión baseada economicamente na agricultura e na gandería. Os seus principais cultivos son as froitas, o millo e o arroz. A industria está representada por pequenas fábricas de alimentos.