Cuíñas Lois, Saturnino
Cuíñas Lois, Saturnino
Musicólogo e folclorista. Foi crego e exerceu como capelán da condesa de Torre Penela (Carballo), posteriormente de Santa Ana de Orto (Abegondo) e en 1931 foi párroco de Cesullas-Cabana. En colaboración co mestre Anta recompilou numerosas cantigas populares, cantos de arrieiro, foliadas ou cantos de pandeiro. A Real Academia Galega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario concedeulle o Premio Marcial del Adalid ao mérito folclórico.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cotobade