Cuixart i Tàpies, Modest
Pintor. Estudou medicina e comezou a pintar en 1941. Foi un dos fundadores de Dau al Set (1948). A súa obra tivo un forte parentesco co surrealismo (Maascro, 1949) e explotou a forza expresiva da cor. Cara ao 1955 practicou o informalismo, para o que empregou os grosores de materia que o levaron a servirse da grattage. En 1962 introduciu a colaxe de obxectos transformados polo artista ata chegar á pop art en 1963 en diferentes obras, como Nines oblidades (Nenos esquecidos). Cara aos anos oitenta desprendeuse dos aspectos agresivos e a súa pintura tomou un ton máis lírico, cun predominio da figura feminina como suxeito temático. Realizou montaxes e decorados para as obras de Brecht e Arrabal (1965), así como o vestiario dalgúns ballets. No ano 1984 expuxo unha serie de obxectos de cerámica en colaboración con Carles Sala. Traballou en París, en Lyon e realizou exposicións en Europa, América e Xapón. Recibiu, entre outros, o Premio Torres García (1957) e o primeiro premio internacional da V Bienal de São Paulo (1959).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Falecemento
Lugar : Palamós, Girona