Culiacán
Culiacán
Capital do estado de Sinaloa, México, situada na marxe dereita do río San Lorenzo (696.262 h [1995]). É un importante centro agrícola (cana de azucre, millo, piña, algodón e froitas) e gandeiro (vacún e porcino). As industrias téxtiles complementan a súa economía. Fundada polos colonizadores no s XVI, o seu crecemento demográfico foi extraordinario, posto que é o núcleo dunha área mineira e agrícola en plena expansión. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar a catedral (s XVIII) e o antigo hospicio, convertido en palacio municipal.