Cúllar
Cúllar
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na Hoya de Baza e drenado polo río Cúllar (5.229 h [1996]). A agricultura (cereais, viñedos e oliveiras) e a gandería (ovina) son as principais actividades económicas. Complementan a súa economía as pequenas minas de ferro e a elaboración de bebidas alcohólicas e tabaco.