culleriña

culleriña

(< culler)

  1. s f
    1. Culler pequena, coma as de sobremesa ou as de café, que ten diversos usos.

      Ex: Remexeu o té coa culleriña. Sen culleriña non puiden comer o flan. Tomou o xeado de amorodo cunha culleriña de plástico.

    2. Cantidade dun líquido ou dun alimento ou condimento que colle nunha culleriña.

      Ex: Botoulle unha culleriña de azucre ó café. Esparexeu a canela da culleriña por enriba do arroz con leite.

  2. s f [PESCA]

    Utensilio de pesca deportiva constituído por un anzol de tres puntas e unha pa que atrae os peixes polo súa cor brillante e polo seu movemento.

Palabras veciñas

Cullereiro | cullereiro -ra | Cullergondo | culleriña | Culleriña | cullerón | Cullerón