cullereiro -ra
(< culler)
-
s
m
Utensilio para colgar as culleres.
-
s
Persoa que fai ou vende culleres.
-
s
Persoa que se ocupa dos labores da cociña.
-
[ANIMAL/ORNIT]
-
s
m
Ave acuática da familia dos tresquiornítidos, coas patas e o pescozo longos, e co peteiro grande de extremo ancho e aplanado. Aliméntanse de pequenos peixes, larvas de anfibios e invertebrados, que localizan ao remexer na lama co peteiro lixeiramente aberto. Voan de xeito lento coas patas e co pescozo estirado, e crían en plataformas pouco densas sobre árbores.
-
cullereiro común [cast: espátula; ingl: spoonbill] [Platalea leucorodia, Fam dos tresquiornítidos]
Ave de 90 cm de lonxitude, de plumaxe de cor branca, e peteiro de cor negra co extremo amarelo. Distribúese por Eurasia e o N de África, e inverna na India e no sueste de Asia e África. En Europa aniña en Holanda, na Península Balcánica e na Península Ibérica, onde só cría nas marismas do Guadalquivir. En Galicia inverna, en pequeno número, na enseada do Grove.
-
cullereiro rosado [Ajaia ajaia, Fam dos tresquiornítidos]
Ave de 80 cm de lonxitude, de cabeza de cor verdosa sen plumas, e plumaxe de cor rosada no resto do corpo. Está presente dende o S de Norteamérica ata o centro de Arxentina.
-
s
m
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
esturión cullereiro.