Cullmann, Oscar
Cullmann, Oscar
Teólogo luterano. Foi profesor de eséxese e de historia da Igrexa antiga nas facultades de Teoloxía de Estrasburgo (1930), Basilea (1938), París (1953) e na Sorbonne (1954). Propón unha teoloxía ecuménica na que ofrece como perspectiva fundamental a concepción do cristianismo como unha historia da salvación. Das súas obras cómpre destacar Christius und die Zeit (Cristo e o tempo, 1946), Die Christologie des Neuen Testaments (Cristoloxía do Novo Testamento, 1957), Katholiken und Protestanten (Católicos e protestantes, 1958) e Heil als Geschichte (Salvación como historia, 1965).
Cronología
-
Deceso
Lugar : Chamonix -
Nacemento
Lugar : Estrasburgo -
Deceso
Lugar : Savoie