1 culto

1 culto

(

  1. s m [RELIX]
    1. Adoración relixiosa a alguén ou a algunha cousa.

      Ex: As relixións panteístas réndenlles culto ás forzas da natureza.

      Sinónimos: veneración.
    2. Acto polo que o home se suxeita a Deus en sinal de recoñecemento da súa excelencia e superioridade. O culto revestiu a miúdo a forma de sacrificio, que mesmo chegou, nalgunhas culturas, ao sacrificio humano. Unha concienciación progresiva, xuntamente, da transcendencia de Deus e da dignidade do home, levou á substitución dos sacrificios cruentos polos incruentos. A teoloxía católica distingue o culto absoluto, referido a persoas, do culto relativo, referido a obxectos que reciben unha especial veneración xustificada pola súa relación con Deus (reliquias, imaxes e lugares); o culto propiamente dito, o culto de latría, soamente pode estar dirixido a Deus (Trindade e persoas); o culto de dulía (ou veneración) é o que se lles rende aos anxos, aos homes vivos ou mortos e, dunha maneira especial, á Virxe, chamado neste caso, culto de hiperdulía. A Igrexa tributa a Deus un culto oficial, tamén denominado litúrxico ou público, en contraposición ao culto privado.

    3. Cerimonias que se realizan para render homenaxe a aquilo que se adora.

      Ex: Asiste diariamente ós cultos que se celebran na igrexa.

  2. s m

    Estima e respecto que se ten por algo material ou inmaterial.

    Ex: O culto á xustiza dálle ánimos para seguir traballando. O culto á beleza estase a converter nunha obsesión.

  3. culto da personalidade [PSIC/POLÍT]

    Adhesión, veneración e submisión incondicionais, xeralmente carentes de todo sentido crítico, que se tributa a algunhas persoas que as fomentan en virtude de mecanismos obsesivos.

Palabras veciñas

1 cultivar | 2 cultivar | cultivo | 1 culto | 2 culto -ta | cultual | cultura