Cultura Libertaria

Cultura Libertaria
[PUBLIC]

Quincenario anarquista, publicado dende mediados de 1911 ata febreiro de 1913, primeiro na Coruña e logo en Ferrol. Foi o voceiro do grupo anarquista 13 de Octubre, composto, entre outros, polos coruñeses Xoán No e Enrique Taboada e polo ferrolán Xosé López Bouza, que tamén asumiron a edición de folletos de autores ácratas por medio da Biblioteca La Internacional.