cumáceo -a

cumáceo -a

(< lat científico Cuma,xénero de animais)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cumáceos.

  2. s m [ANIMAL]

    Crustáceo da orde dos cumáceos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de crustáceos de cabeza grande e arredondada, e tórax e abdome longo e estreito. As especies meirandes acadan os 35 mm. Teñen unha pequena cuncha que cobre a cabeza e os 3 ou 4 primeiros segmentos do tórax. Viven semienterrados na area e na lama, de xeito que deixan parte da cabeza sobresaíndo do substrato. Aliméntase grazas á transformación das maxilas en grandes filtros cos que recolle as partículas suspendidas na auga do seu contorno, acto que se ve favorecido coa creación dunha pequena corrente por medio do movemento do primeiro apéndice torácico. Existen unhas 500 especies, principalmente mariñas e algunhas propias dos esteiros.

Palabras veciñas

culturización | culturizar | cum laude* | cumáceo -a | Cumaná | cumano -na | cumarina