Cumbres Mayores

Cumbres Mayores

Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado ao N da provincia, drenado polo río Múrtigas (2.184 h [1996]). O termo está moi accidentado polos contrafortes setentrionais da serra de Aracena. A base da súa economía é a agricultura (oliveiras e cereais) e a gandería (ovina e porcina). Na industria destacan pequenas fábricas de material de construción e embutidos. Poboado dende a época celtibera, acadou a categoría de municipio romano. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo-fortaleza de Sancho o Bravo (s XIII), declarado Ben de Interese Cultural en 1895, e a igrexa de San Miguel Arcángel (ss XV-XVIII).