cunca
(
-
s
f
-
Recipiente cóncavo con ou sen asas, de perímetro circular e de boca ancha, que se utiliza para beber ou tomar alimentos líquidos. Na tradición oral recóllense ditos como: “A cunca chea os ollos alegra. Cunca de moitos, ben lambida e mal lavada. Por cunca de leite, o aldeán quer cunca de aceite. Se a cunca é capaz, e o viño ricaz, comamos e bebamos e teremos a festa en paz”.
Ex: Comprou media ducia de cuncas para viño.
Sinónimos: conca. Confrontacións: conco, cunco. -
Cantidade de substancia que cabe no interior dunha cunca.
Ex: Bebeu dúas cuncas de viño despois de xantar.
Sinónimos: conca, concada, cuncada.
-
-
s
f
-
Espacio, superficie ou oco que forma unha cavidade.
Ex: Traía un parruliño na cunca da man.
Sinónimos: conca. -
[ANAT]
Cavidade dentro da que se localiza o ollo.
Sinónimos: conca. -
Peza de madeira, cun buraco no medio para a roda, coa que se tapa a ola cando se maza o leite.
Ex: Ó mazar o leite, ponlle a cunca para que non bote por fóra.
Sinónimos: conca.
-
-
s
f
[METROL]
Medida de capacidade para áridos equivalente a 1/16 de ferrado.
Sinónimos: conca. -
s
f
[XEOG]
Depresión de orixe estrutural entre montañas.
Sinónimos: conca. -
s
f
[XEOG]
Depresión no fondo dos océanos de grande extensión e relevo uniforme.
Sinónimos: conca. -
s
f
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘tella’.
-
[XEOG]
-
cunca de recepción
Parte alta dun torrente ou río, de forma máis ou menos triangular, na que se reúnen as augas seguindo unha rede de sucos converxentes ata formar a canle de corrente ou o curso medio do torrente.
-
cunca fluvial
Territorio que resulta drenado por un mesmo río e a súa rede de afluentes.
-
cunca de recepción
-
cunca do grode
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘cunca’.
-
cunca mineira
[XEOG/IND]
Filón extenso ou grupo de filóns explotados por diversas minas que constitúen unha unidade xeolóxica e xeográfica. As cuncas mineiras establécense en relación con filóns onde hai unha grande abundancia de mineral valioso e, sobre todo, cunha elevada concentración. O seu establecemento tamén depende das características que posúen as explotacións (construción de pozos e galerías ou ben extracción a ceo aberto), así como da situación xeográfica, as comunicacións, etc. O factor económico é fundamental para as explotacións; búscanse sobre todo os traballos a ceo aberto, evítanse as obras de extracción custosa e procúrase o desenvolvemento para a transformación e a refinación máis inmediatas do mineral, para abaratar o transporte e evitar as manipulacións innecesarias. Así, moitas grandes cuncas mineiras constitúen unha unidade xunto coa industria transformadora dos minerais e a que os utiliza.
-
cunca sedimentaria
[XEOL]
Depresión dentro da que se depositan os sedimentos e na que se forman, ás veces, series moi potentes.
-
técnica de cunca/aresta
Sistema de esmaltación cerámica que consiste na colocación dos vernices sobre os ocos ou cuncas que se realizaron na arxila antes da cocción e que impiden a mestura de cores.