cuncheiro -ra
cuncheiro -ra
(< cuncha)
-
adx
-
Relativo ou pertencente ás cunchas.
-
Que ten cuncha.
-
-
s
Persoa que compra, vende ou traballa as cunchas.
-
s
Lugar ou terreo no que abundan as cunchas.
-
s
m
Depósito arqueolóxico composto polos restos de cunchas de moluscos e espiñas de peixe mesturados con ósos de animais, cinzas, pedras e outros útiles. A súa análise permite o estudio dos recursos e do hábito alimentario dunha poboación.
-
s
m
[PLANTA]
nogueira.
-
s
f
[PLANTA]
escrofularia.
-
s
f
[PLANTA]
albitorno.