cuncheiro -ra

cuncheiro -ra

(< cuncha)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ás cunchas.

    2. Que ten cuncha.

  2. s

    Persoa que compra, vende ou traballa as cunchas.

  3. s

    Lugar ou terreo no que abundan as cunchas.

  4. s m

    Depósito arqueolóxico composto polos restos de cunchas de moluscos e espiñas de peixe mesturados con ósos de animais, cinzas, pedras e outros útiles. A súa análise permite o estudio dos recursos e do hábito alimentario dunha poboación.

  5. s m [PLANTA]

    nogueira.

  6. s f [PLANTA]

    escrofularia.

  7. s f [PLANTA]

    albitorno.

Palabras veciñas

cunchado -da | cunchear | cuncheira | cuncheiro -ra | cunchífero -ra | cuncho | Cunchosa, A