Cunchosa, A
Cunchosa, A
Xacemento arqueolóxico situado na ría de Aldán, na península do Morrazo. O núcleo principal sitúase sobre a praia da Cunchosa. Atopáronse restos de industria lítica e, sobre todo, cerámicos. A cerámica, cocida ao aire libre e feita a man pola técnica dos cordóns, é semellante á doutros xacementos do Neolítico anterior ao Megalitismo do IV milenio a C.