Cunegunda
Cunegunda
[ONOM]
Prenome feminino procedente do xermánico Kunigunt (latinizado en Cunigundis), composto de *kunni ‘familia, estirpe’ e *gunth- ‘combate, batalla’. Existen dúas santas con este nome: santa Cunegunda de Luxemburgo (ss X-XI), emperatriz xermánica, que se celebra o 2 de marzo, e santa Cunegunda ou Kinga (s XIII), raíña de Polonia, que se conmemora o 24 de xullo.