Cuns Lousa, Xulio

Cuns Lousa, Xulio

Escritor. Colaborou co xornal El Eco de las Mariñas, co Anuario Brigantino, coa asociación cultural Candilejas e coa coral polifónica da vila. Ademais, traballou con numerosas agrupacións musicais e cadros de declamación.Traduciu ao galego dúas obras de Rabindranath Tagore tituladas O carteiro do rei, da que se fixeron numerosas representacións teatrais, e Malini, publicadas ambas as dúas en 1976. Con Mi tumba y yo obtivo o primeiro premio de contos no certame literario-musical da Unión Protectora de Artesanos de Santiago de Compostela e unha mención de honra no certame Breogán do centro galego de Bizkaia coa narración Tiñan frío. Publicou, ademais, Alcumes recollidos en Betanzos (1989), xunto con Xesús Torres Regueiro, e O que non quedou no protocolo (1992).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Betanzos