cuña
(< cuño)
-
s
f
-
Peza de madeira, ferro e outros materiais, en forma de prisma, que ten por base un triángulo polo xeral isósceles co ángulo distinto moi agudo, de xeito que dúas das caras opostas forman un ángulo diedro moi agudo. Emprégase, entre outras cousas, para rachar madeira, romper pedra e outros corpos sólidos, encher fendas ou fixar obxectos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Onde non poidas con cuñas, bota man das uñas. Para boas cuñas, pau de toxo. A cuña que ha de ser boa ten que ser do mesmo pao.”
Ex: Tivo que botar man das cuñas para rachar o toro de carballo.
-
Calquera obxecto que se emprega cun fin semellante.
Ex: Para forrar o coche, usou como cuña unha pedra.
Sinónimos: calza, calzo, forra.
-
-
s
f
Masa ou corpo que avanza formando un ángulo agudo.
Ex: Aproxímase polo Atlántico unha cuña anticiclónica.
-
s
f
Ouriñal plano que empregan os enfermos que están encamados.
Ex: Comprou unha cuña de plástico na farmacia.
-
s
f
[MAT]
Parte dun corpo redondo, como a esfera, o cilindro ou o cono, limitada por dous planos diametrais e a superficie do corpo.
-
s
f
[ANAT]
Cada un dos tres ósos curtos, de forma piramidal, situados na segunda fila do tarso.
-
s
f
[COMUN]
Anuncio radiofónico de diversos formatos non superior ao minuto. A partir de 60 segundos considérase microespacios da radio.
-
s
f
Influencia dunha persoa que se emprega para conseguir algo de favor.
Ex: Botou man dunha cuña para conseguir o posto de traballo.
Confrontacións: enchufe, recomendación.